Loading...
Loading...
CEP SEQUELOLoading...
Segundo cursoLoading...
2020/ 2021MENSAXE DO VOSO MESTRE
Meus queridos alumnos/as:
Certamente este foi un curso diferente. Ninguén de nós vivira antes unha situación semellante. Estabamos/estamos en pandemia e tiñamos que vir á escola e seguir aprendendo, ensinando, relacionándonos pero aplicando un protocolo para evitar o contaxio: Levar máscara, lavar as mans á entrada e saída , alomenos catro veces na mañá, manter os grupos sen contacto entre sí e ventilar,ventilar, ventilar... Canto frío se pasou este inverno! Non esquezamos que esta foi a principal preocupación durante todo o curso e ocupounos un tempo que, necesariamente, se lle restou a outras actividades.
Como cabía esperar, non puidemos esquivar de todo ao Coronavirus. En novembro apareceu a primeira corentena dun alumno por contacto directo con positivo que se prolongou por máis de 20 días.
O sábado, 13 de febreiro salta un positivo e Sanidade ordena corentena para toda a clase que se prolonga ata o martes 23 de febreiro. Outra alumna tamén dá positivo e permanece confinada ata o 2 de marzo, e seu irmán 10 días máis. Por sorte, os positivos non tiveron síntomas ou foron moi leves.

Do 12 ao 27 de abril outro alumno tivo que estar en corentena por contacto estreito cun positivo. Afortunadamente tampouco tivo síntomas.
Nembargantes vós seguistes aprendendo e avanzando durante todo o curso. Dende un principio insistinvos na necesidade de cumprir o protocolo e teño que felicitarvos porque soubestes adaptarvos ben, tanto no uso da máscara coma na hixiene das mans. A distancia era un pouco máis complicado cumprila, sobre todo no patio.
Este libro reflicte alomenos unha variedade de actividades que se levaron a cabo a pesares das circunstancias e grazas ao voso esforzo. Agardo que vos sirva para que algún día lembredes este voso 2º curso de E. Primaria, cantas cousas pasaron e de cantas fostes protagonistas.
Por último, gustaríame dedicar este libro á memoria da avoa materna de Ainhara Villanueva Veiga. A noticia do tráxico accidente bateunos a todos con forza a finais de maio. Ela foi quen de protexer a vida de quen máis quería, a súa neta, antes que a súa propia.
Asdo.- O profe Ramón

Todos estamos contigo, Ainhara!
O Protocolo Covid-19
Protocolo manda. Á entrada situámonos nos puntos de referencia para manter distancias. Antes de entrar e de saír hixiene de mans con xel hidroalcólico. Na aula, ventilación e distancia. Non podemos compartir.