Book Creator

Idade Media

by Mario

Pages 2 and 3 of 16

Loading...
Capitulo 1. A IDADE MEDIA
Loading...
COMEZO
Loading...
A idade media comeza no ano 476 d.C coa caída do imperio romano de Occidente, as causas de este declive son as seguintes:
1º: había problemas entre o senado e o emperador.
2º: debido as constantes guerras, o exército debilitouse e non se podían defender dos ataques bárbaros.
3º: problemas económicos.
4º: invasións bárbaras.
Loading...
FINAL
Loading...
A idade media remata no ano 1492 cando Cristobal Colón e as súas tropas chegan a América cando querían chegar as Indias debido a que era rica en especias. Despois de esta data comeza a idade moderna. Cristobal Colón empregou tres barcos para chegar ata América, se chamaban así:
Santa María, a Niña e a Pinta.
Loading...
POBOADORES DE EUROPA NA IDADE MEDIA
Loading...
Os imperios máis importantes que habitaron Europa na idade media son:
Imperio bizantino: é a parte do Imperio Romano que se atopaba en Oriente. A súa capital era Constantinopla, que foi tomada polos turcos no ano 1453 d.C. Dominaba África, Exipto, España, Italia, Turquía, Croacia, Asia menor e outros territorios. As causas da caída do Imperio bizantino son:
As guerras civís: as múltiples guerras civís ocasionaron unha catastrófica redución do poder e influencia bizantina.
Caída do sistema de Themas: o sistema de Themas era un sistema militar que empregaban os bizantinos, consistía na división do imperio en varias rexións que contribuían de maneira local a recrutar tropas para los exércitos imperiais, isto lles permitía mover máis homes aforrando tempo e diñeiro.
Aumento da dependencia dos mercenarios: se empregaban moitos soldados estranxeiros nas guerras, a confianza en este método e o dano que facía á política fixeron que fora unha das causas deste declive.
Perda de control sobre os ingresos: as concesións económicas ás repúblicas italianas de Venecia e Xénova fixeron que perdan o control das súas propias finanzas. Unhas series de catastróficas decisións comerciais cos estados italianos esgotaron unha das principais fontes de ingresos.
Unión falida das igrexas: firmaron unha unión coa igrexa católica para evitar ataque de Oriente, pero fallou. Oriente pronto atacounos, facendolles moito dano. (As outras zonas de Oriente que non conquistaron).
Loading...