Book Creator

CORRE O ENTROIDO

by Cristina Zarauza Creo

Cover

Loading...
XEADA ENTROIDO
Loading...
FEBREIRO 22
Loading...
Percorremos o mundo
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
REVISTA
Loading...
CEIP MESTRE VALVERDE MAYO

CORRER O ENTROIDO, 2022!
Neste curso escolar 2021-22 a nosa revista de CORRER O ENTROIDO fai unha homenaxe ao Galo do Rosal coa colaboración do "GALO GONZALO e a OLA MANOLA".
Ademais decidimos dar unha volta ao mundo a través de distintos países e montamos en varios medios de transporte para poder facer a viaxe.
Benvidos ao ENTROIDO do Ceip Mestre Valverde Mayo!
Ceip Mestre Valverde Mayo

CORRER O ENTROIDO, 2022!
Ceip Mestre Valverde Mayo
Benvidas e benvidos
O GALO DO ROSAL
O ENTROIDO DE O ROSAL

O entroido de O Rosal, ten unha boa representación nunhas das súas parroquias, Fornelos, con celebracións que duran tres días.
No entroido de O Rosal, hai tres grandes días de festa: domingo de Desfiles, luns de Corrida do Galo e martes de Frixidela.

Domingo de Desfiles
O domingo hai nas rúas desfiles de carrozas e comparsas. Antigamente as carrozas ían adornadas con moitas flores, agora elixen diferentes temas para adornalas.

Luns de Corrida do Galo
O luns celebran A Corrida do Galo. Chámase así, porque hai tempo, metían un galo nun lugar pechado e os nenos e nenas corrían tras el para collelo.
Parece ser que se elixiu o galo porque é un animal que anuncia a chegada do día, igual que o Entroido anuncia a chegada da primavera.
Antes collían o galo e metíano nunha ola de barro, penduraban a ola cunha corda e cun pau, trataban de darlle ao galo.
Ceip Mestre Valverde Mayo
O galo Gonzalo!
Ceip Mestre Valverde Mayo
Benvidas e benvidos
O GALO DO ROSAL
Os homes montaban en cabalos ou en burros e deste xeito, trataban de golpear a ola. Parace ser que algunha vez, ata levaron unha vaca de compañía. Quen lle daba ao galo, levábao como premio. O pobre galo case sempre acababa moi golpeado.
Agora, iso xa non se fai; non está permitido maltratar aos animais. Penduran igualmente olas nunha corda e dentro pódese atopar fariña, auga, area, serradura ou caramelos.
Tamén meten nas olas papeis que valen por outros premios, aínda que o premio gordo será atopar o debuxo do galo. Quen o atope, leva o galo de verdade.


Martes de Frixidela
O martes, para rematar os eventos, sobre as 4 da tarde, celebran a Festa da Frixidela. A frixidela, é unha especie de tortilla que leva: ovos, patacas, chourizo, touciño e algunha cousa máis.
Fan unha especie de parodia, onde uns fan as tortillas e outros fan como que as rouban e escapan con elas. É todo un xogo para pasalo ben. As tortillas cómenas entre grupos de amigos. Tamén hai música e baile.
Ceip Mestre Valverde Mayo
Feliz entroido!
PrevNext