Book Creator

Guía de lugares especiáis da Galiza

by IES ROU

Cover

Loading...
Guía de lugares especiáis da Galiza
Loading...
Loading...
Alumnos de 2º da E.S.O. I.E.S. República Oriental do Uruguai (Vigo)
Iosune, o meu bosque secreto en Moaña
42º 17’ 19’’N 8º 44’ 15’’W
O meu lugar favorito é nun bosque en Moaña, tras a casa do meu pai. No bosque hai un silencio tranquilizador que, como moito, é interrumpido polo chío dos paxaros ou polo canto dos grilos. 
Un río atravesa o bosque, formando nalgunhas partes pequenas cascadas, pero para min, o mellor de todo é a derradeira cascada.

Os nenos que coñecen o lugar, en verán van a xogar alí as veces. Ao lado da cascada hai un gran pilón no que os mais pequenos(mooooi de vez en cando) nadan as suas anchas, a dereita da imaxe da cascada, hai una casa en ruinas que lle da un aire extraño pero tranquilizador ao sitio. 
Polos sendeiros do bosque, a xente saca aos cans, pero case ninguén pasa por alí, facendo que resulte tranquilizador, e pola noite, a luz das farolas fai a súa aparición, moitos rapaces en vacacións ou nos fines de semá, van alí pola noite a xogar as notas ou a facer o parvo simplemente. Este e ningún máis é o meu lugar favorito, un lugar que pouca xente coñece, este é o meu bosque.

No bosque sinto liberación, sinto coma se todos os meus problemas foran insignificantes e non tivese sentido preocuparse por eles. Non sei ben coma podería expresalo, pero é algo que adoro.
Miña nai non estivo alí nunca, pero sí que ten un lugar especial, é en Cabo Estai, ela iba a pasear aos cans por alí hai un tempo, e apenoulle non ter coche para poder ir alí máis a miudo.
Sandra
Area Brava
42º 17' 29,255" N 8º 50' 39,447" W
É unha praia que ten un espazo natural, non hai urbanizacións, só algunhas casas. Ten moita vexetación, unha duna moi longa ao longo da praia. A auga é toda cristalina e acostuma estar a unha temperatura perfecta.
É o meu lugar favorito porque no verán non hai case xente e podes estar nun lugar moi bonito sen estar case afogandote pola xente que hai.
Ao final da praia cando a marea está baixa hai unha praia “escondida” que cando vai subindo a marea tes que marchar rápido.
Transmíteme tranquilidade, conexion coa natureza, desfruto estando alí.
É o lugar favorito da miña familia, é moi bonito.
María
Area Brava
42º17'33''N 8º49'50''O
Este é o meu sitio favorito porque alí os meus avós teñen unha casa, onde pasamos todos os verás os meus pais, os meus avós, os meus tíos e os meus primos, en resumo 16 persoas. Dende que nacín vou sempre e alí teño aos meus amigos, alí coñecín a miña mellor amiga e disfruto moitísimo do verá alí con todas as persoas que realmente quero. A miña familia comparte a mesma opinión, xa que nos libera, e somos moi felices estando en Area Brava con toda a nosa familia e amigos.
PrevNext