Book Creator

Epistolario contra a violencia de xénero

by Bibliomoas do IES Monte das Moas

Cover

Loading...
EPISTOLARIO CONTRA

A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO DE 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BIBLIOMOAS e Departamentos de Filosofía e Lingua e Literatura Galega
Loading...
Loading...
Imaxe de Noa Pereiro Lois (1º ESO E)
Loading...
Queridas loitadoras do mundo:

Na vida como mulleres aprendemos a soportar unha cantidade enorme de micromachismos e machimos, de ideoloxías que nos prexudican ou mesmo tradicións que por non ser cuestionadas nos danan, podendo chegar a facernos algo peor. No meu caso tiven sorte, e nacín nunha parte deste planeta no que ser muller non chega a ser tan complicado como noutras zonas.

Pero hai mulleres, que non tiveron tanta sorte e das que, como mundo globalizado no que vivimos, chegamos a coñecer as súas historias, pero nunca a tempo. É dicir, para moitos de nos só son titulares na prensa. Isto é debido á que a sociedade xustifica eses actos baixo frases retrouso como: “É a súa cultura” ou “ Algo lle tivo que facer”.

Por iso é que escribo esta carta, para deixar de ocultarme detrás desas frases, pois ás veces facémolo sen darnos conta, e crémonos moi feministas. Por iso pido perdón, ante aquelas mulleres que sofren todos os días ou que a súa vida corre perigo.

Non podo falar dende a experiencia porque non a teño, pero sei que, por desgraza, nacer muller neste mundo é complicado pois vivimos nun patriarcado. A verdade é que non sei como dar ánimos, pero si sei dar datos como, por exemplo, que as mulleres no parto soportan 57 unidades de dor, mentres que o corpo humano é capaz de soportar xeralmente 40, así que a min este dato paréceme unha clara mostra de que as mulleres somos capaces de soportar o que nos boten enriba (pero que o soportemos non quere dicir que estea ben).


Por iso sei que nunca vai haber unha muller que non sexa capaz de loitar e gañar, porque credes que as mulleres non loitaron na guerra mundial, porque se non tería acabado moi pronto...

Sei que o mundo é complicado e ás veces é difícil ir contra a tradición pero, as mulleres levamos pelexando toda a vida, o que pasa é que o faciamos en silencio, e agora que loitamos en voz alta, teñen medo e tratan de volver a silenciarnos, e que queiran facer iso demóstrame que saben que temos temos razón. 

Para ir xa rematando cómpre engadir que saír da dor non é fácil, o que me leva a mencionar a epixenética, que é basicamente a ciencia que estuda que hai dor ou traumas que se herdan. Isto noméoo como dato para dicir que as mulleres levan sendo oprimidas e maltradas durante séculos e lograron sobrevivir, e aínda me atrevería a dicir de que viviron. Atrevéronse a romper as normas que as oprimían e fixeron historia. Elas tamén tiñan ese dor que herdaran das súas antepasadas, e en vez de detelas fixo que se levantaran e loitaran.

Logo do mesmo modo que se ergueron elas, todas as mulleres de hoxe en día e do futuro poden saír adiante e demostrar que da mesma maneira que se herda a dor tamén se pode pode herdar o valor.

Loitemos unidas,

Ana Isabel Díaz López (1º Bacharelato A)
Podes escoitar " La puerta violeta" de Rozalén mentres les este epistolario
Ola, muller do mundo!

Para ti, que non fuches o que querías ser por culpa de infelices, para ti, que choraches todos os días, para ti que es máis forte ca un carballo, para ti, que es fermosa. Quero que saibas que os homes sen nós, as mulleres, non serían ninguén. Non saberían cociñar, coser, limpar, coidar os nenos e moito menos se no pasado nós non os ensinaramos.

Ti es moito máis forte do que pensas, aínda que non esteas aquí, por culpa dese insensato que non te respectou, que non te tratou como merecías e non te fixo feliz. Ese home que abusou de ti, ese home que non é mellor ca ti polo feito de ser home, ese home que che fixo pensar que non valías nada. Pero ti seguiches adiante, como a heroína que es.

Tes moitas mulleres traballadoras que defenden o seu xénero ao teu lado, apoiándote como te mereces e defendendo cada palabra túa. Tiveches o valor de encararte a todos os que te facían sentir mal, oxalá todas fosen coma ti! Unha rosa que se a tocas demasiado, pincha; unha rosa delicada, pero forte; unha rosa fermosa que deixa un perfume que di, non ao maltrato; a rosa máis grande de todas, a rosa máis poderosa. Para todos os homes que digan que as mulleres non poden mandar nin ser superiores no traballo, na casa, nunha relación ou no simple feito de facer algo mellor ca eles.

Aquí estás ti, sendo superior a todos eses hipócritas que abusaban de ti. Grazas por ser unha máis no mundo que quere acabar con esa peste chamada machismo, grazas porque pouco a pouco acabaremos coa discriminación. Cada día es máis forte, e máis fermosa, por iso douche as grazas onde Deus quixer que esteas. Temos que seguir sendo fortes! Ímolo conseguir!!
Alma Carneiro (2º ESO C)
PrevNext