Book Creator

Epistolario contra a violencia de xénero

by Bibliomoas do IES Monte das Moas

Pages 4 and 5 of 48

Loading...
Loading...
Ola, muller do mundo!

Para ti, que non fuches o que querías ser por culpa de infelices, para ti, que choraches todos os días, para ti que es máis forte ca un carballo, para ti, que es fermosa. Quero que saibas que os homes sen nós, as mulleres, non serían ninguén. Non saberían cociñar, coser, limpar, coidar os nenos e moito menos se no pasado nós non os ensinaramos.

Ti es moito máis forte do que pensas, aínda que non esteas aquí, por culpa dese insensato que non te respectou, que non te tratou como merecías e non te fixo feliz. Ese home que abusou de ti, ese home que non é mellor ca ti polo feito de ser home, ese home que che fixo pensar que non valías nada. Pero ti seguiches adiante, como a heroína que es.

Tes moitas mulleres traballadoras que defenden o seu xénero ao teu lado, apoiándote como te mereces e defendendo cada palabra túa. Tiveches o valor de encararte a todos os que te facían sentir mal, oxalá todas fosen coma ti! Unha rosa que se a tocas demasiado, pincha; unha rosa delicada, pero forte; unha rosa fermosa que deixa un perfume que di, non ao maltrato; a rosa máis grande de todas, a rosa máis poderosa. Para todos os homes que digan que as mulleres non poden mandar nin ser superiores no traballo, na casa, nunha relación ou no simple feito de facer algo mellor ca eles.

Aquí estás ti, sendo superior a todos eses hipócritas que abusaban de ti. Grazas por ser unha máis no mundo que quere acabar con esa peste chamada machismo, grazas porque pouco a pouco acabaremos coa discriminación. Cada día es máis forte, e máis fermosa, por iso douche as grazas onde Deus quixer que esteas. Temos que seguir sendo fortes! Ímolo conseguir!!
Alma Carneiro (2º ESO C)