Book Creator

Día das Escritoras 2022

by Remoe a lingua

Pages 2 and 3 of 19

DÍA DAS ESCRITORAS 2022
IES MONTE DAS MOAS
Loading...
AUTORÍA

Alumnado de 1º Bacharelato da materia de Reforzo de Lingua Galega
Carla Amenedo Carrillo
Antía Conde Ferreiro
Alberte Díaz Kirk
Álvaro Estévez Feijóo
Daniel Felípez Eirín
Ricardo Fernández Machado
Héctor Fernández Sánchez
Sheila Fresneda Lagares
Lucía Gómez Varela
Nerea García Fandiño
Candela González Portas
Lois López Castro
Óscar Juanatey Orol
Nicolás Otero Bouza
Jorge Puey Jove
Adrián Ruibal Iglesias
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
AN ALFAYA (Vigo,1964)

Escribe desde os 9 anos aproximadamente, pero empezou a facelo de maneira consciente cando tiña 15 anos, en 1979, e puido decatarse de que tiña unha gran capacidade para transportar as súas ideas aos contos.

Unha parte importante das obras que escribiu están baseadas nos primeiros bocetos literarios que creou durante a súa adolescencia, moitos
deles inspirados na estación do tren de Vigo, que facía que a súa imaxinación voase.

Ten unha enorme produción literaria, especialmente en literatura infanto-xuvenil e tamén en narrativa.

Durante unha semana reflexionara sobre o concepto de vulnerbilidade. Antes parecíalle que amosarse vulnerable era tanto como mostrarse espida. A reflexión axudáraa a madurar a idea e chegara a conclusión de que a vulnerabilidade, igual que a sensibilidade, simplemte facíaa máis humana.

O grupo. Xerais, 2019
Loading...
Loading...
ROSA ANEIROS (Terra de Meirás 1976)


Para Rui, Inés seguía a ser o primeiro e derradeiro pensamento de cada día. A ela dedicáballe antes de se deitar un diario falado con todas as súas cavilacións das horas de sol e, cada amencer, ao abrir os ollos, regálaballe todos os soños da noite. O exilio físico que iniciaba non había borrar as pegadas do exilio que o anegaba dende que ela marchara.

Resistencia, Xerais, 2002.
FINA CASALDERREY

Naceu en Xeve, Pontevedra o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, conferenciante e xornalista. Foi premiada varias veces polas suas obras literarias, e traducidas a todas as linguas de España. Dende o 2018 convócase o Premio Fina Casalderrey de Literatura infantil pola igualdade co seu nome.



Aquela pelexa houbo de ser moi seria. Ata puido haber navallas e todo. E eu xuro que nesas andrómenas si que non me quero meter. ¡Cagoendez! Foi na Festa do Viño e eu non sabía que estaba a tratar cuns parentes de asasinos, dos sonados bestas que mataron o taxista en Pontevedra. O que estaba máis
temperado foi o que me deu a min. Había outro que era o que nos dicía a nós que nos perdoaramos, que estaba mal e tal. Eu andaba zombi total. Para min pasalo ben nunha festa é ir para un toldo e pedir algo de viño ou un tumbadiós deses.

Sobrevives?, Xerais, 1996
LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ (Vigo, 1979)

Conseguiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 pola súa obra: Escarlatina, a cociñeira defunta.

Quen nos dera que fose iso! O chan do hotel sacudiuse cun potente tremor que me fixo enmundecer. As cuncas de café chocaron unhas contra as outras no interior dos chineiros, a cubertería berrou desde o interior dos caixóns, o piano renxeu no salón con varios sons agudos e desafinados. O edificio enteiro retorceuse nun calafrío.

Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais, 2014.
EMMA COUCEIRO (Cospeito, Lugo, 1977)

É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, ten publicado os poemarios Humidosas, As entrañas horas, Baleirón e Cito.

Colaborou como poeta en revistas e nos volumes colectivos Mulher a fazer vento, Palabras non ar e outros.

Se apreto os ollos
as manchas de humidade
que hai no teito
semellan caracois
sen cuncha.

Humidosas, Espiral Maior, 1997
BERTA DÁVILA (Santiago de Compostela, 1987)

A min, o desexo do primeiro fillo presentáraseme rotundo, como se supón que ten que ser. Imaxinaba a posibilidade do fillo como algo que podía proporcionarme unha idea máis perfecta do que é a felicidade. Pensaba no fillo coma un manancial. Non é que ignorase que converterme en nai sería unha experiencia con bordos, ou que non reparase na dureza da crianza nin na magnitude do desafío. O meu desexo non era frívolo ou mal informado, senón profundo, ou iso pensaba; mais souben, a pesar diso, e dende o comezo, que a única maneira de reunir a convicción suficiente para afrontar algo así é decidir escoitar unha pequena voz interior que di: «Ao mellor non é para tanto».

Os seres queridos, Xerais, 2021
PrevNext