Book Creator

DÍA DAS ESCRITORAS 2021

by Remoe a lingua

Cover

Loading...
Loading...
Loading...
DÍA DAS ESCRITORAS

Escritoras Galegas Contemporáneas

19 de outubro 2021

EDLG E BIBLIOTECA IES MONTE DAS MOAS
Loading...
Loading...
LER AS IDADES DA VIDA

LER AS NOSAS VOCES FEMININAS MÁIS CONTEMPORÁNEAS
SELECCIÓN DE AUTORAS E TEXTOS

Asesoría de Bibliotecas Escolares
Ana Martínez Fernández, IES Monte das Moas da Coruña
Inma Otero Varela, IES David Buján de Cambre
Xema Sanxurxo Rodríguez, IES Antón Vilar Ponte de Viveiro
Eva Teijeiro Suárez, IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Sandra Villar Giner, IES Rego da Trabe de Culleredo
XELA ARIAS (Lugo, 1962- Vigo, 2003)

Letras Galegas 2021
Vou ser vella. De nena quédame pouco. Oínllelo dicir ás miñas tías: “¡Como pasa o tempo! Nun visto e non visto, agora a nena logo se ha facer muller. ¿Que lle poden quedar? ¿Un ano, ou dous?
E parece que foi onte cando naceu, coma se fose onte...”
Si. É terrible.
Converterse en muller é converterse en adulto. Certamente recoñezo que non teño présa ningunha. Ademais, paréceme bastante perigoso ser adulto.

Non te amola, Galaxia (2021)
LUCÍA ALDAO (A Coruña, 1982)
Líbrame do mel
ti,
meneo inesperado, lúa de luz, calidade de vida.
Contrapunto de alivio que non fuches quen de seguirlle o ritmo
[ a este meu paso
que das palabras descoñece o valor
e entón tireiche unha pedra, porque me gustaba. Trátase
[dun talento párvulo.
Premeditación e darwinismo para ti que perdiches o hábito da tenrura,
que nin o corpo espido se che mantén por causa do saqueo.
Colle os gonzos deste chan que se empeña en empedrarse.

Foi ben máis fácil chegar a ti que a este poema.

Todo isto antes era noite, Apiario, 2018
MARILAR ALEIXANDRE (Madrid, 1947)
Imaxinaba que a maioría dos seus compañeiros seleccionaran unha novela ou un relato. Da súa amiga Lupe sabíao, un fragmento da novela Pel de lobo de Xosé Miranda no que Ana, unha das protagonistas, defende os lobos porque son libres e non levan, coma os cans, a marca da correa. Certo que a Lupe non tivera a oportunidade de escoitar a Sinda, pois non cursaba humanidades, senón ciencias naturais e da saúde e, a pesar de que no grupo de 2º D estaban mesturados os das dúas especialidades, só tiñan xuntos as materias comúns. A Lupe resultaríalle máis doado xustificar porque escollera a vibrante historia de dúas irmás que polas noites se convertían en lobas, que a ela explicar o que a estremecera naquel poema de Pilar Pallarés que finalizaba "que ceibe os seus cans e me devoren".

A cabeza da medusa, Xerais, 2008.
ROSA ANEIROS (Meirás- Valdoviño, 1976)
PrevNext