Book Creator

Lúa de Senegal ilustrado por 1º ESO C

by Remoe a lingua (IES MONTE DAS MOAS)

Cover

Loading...
Loading...
Lúa de Senegal ilustrado por 1º ESO C

IES Monte das Moas

Curso 2019/2020

Profesora: Ana Martínez
Loading...
Este libro é unha pequena homenaxe a todo o grupo de 1º ESO C que tan ben está traballando no confinamento nas súas casas e para compensar que un virus non nos deixou rematar de desfrutar da lectura deste fermoso libro nas nosas aulas do Monte das Moas.

Con moito cariño xuntei todos os vosos traballos para crear este pequeno libro.

Ana Martínez, profesora deste grupo no curso 2019-2020
Caricatura de Agustín Fernández Paz de Helena Bermúdez Freire
Isto pasou no principio do mundo, cando o deus Olorun acabou de crear todas as cousas que existen. O caso é que, case ao final, crearan tamén as primeiras persoas e non sabían ben que facer con elas: se darlles inmortalidade como acababa de outorgarlle ao Sol e á Lúa, ou deixar que quedasen sometidas á morte, como xa decidira facer con toda caste de animais e de plantas.

Entón chamou ao camaleón e mandouno á Terra coa encarga de lle transmitir ás persoas a mensaxe de que todas elas serían inmortais. Mais, en canto o camaleón partiu , Olorun encargoulle ao lagarto que acudise tamén onda os humanos e que lles transmitise a mensaxe contraria. A cuestión era saber cal dos dous animais chegaba antes, así o deus resolvería a súa dúbida.

E o caso foi que o camaleón entretívose de máis polo camiño, e medio se lle esquenceu a encarga que lle fixera. Supoño que quedaría apampando ao sol horas e horas, tal como vemos tantas veces nas pólas das acacias ou dos baobabs. Deste xeito, quen chegou de primeiro foi o lagarto que fixera o camiño a todo correr e decontado lle transmitiu aos humanos a mensaxe de Olorun.

Fragmento do capítulo 3
Debuxo Nerea Xenevra Caridad Brión
Debuxo de Nerea Caridad Brión
Que sería da folla de mamá Feriane? Que faría con ela o Apañador de Almas? Seguro que sabes a historia, tes que terlla escoitado algunha das noites de calor en que subiamos á terraza e permaneciamos baixo as estrelas ata que o sono me pechaba os ollos. Unhas horas máxicas que boto máis en falta cada día que pasa; non me estraña que me quedasen tan gravadas as historias que alí escoitei.

Papá sempre di que os contos da avoa non eran máis ca lendas, fantasías de vellos ás que non lles debemos facer moito caso. Se cadra é así, ben me decato de que os animais non falan e os deuses non se andan a meter na nosa vida. Pero iso xa mo explicaba a mamá Feriane cando fun tendo máis anos, xa me dicía que non me debía quedar na tona dos relatos, que debía de buscar sempre a historia verdadeira que se agochaba no seu interior.

Unha desas noites a avoa comentou que o deus Olorun, cando creou o mundo, fixo que medrase unha árbore xigantesca por baixo do seu trono. Unha árbore con millóns de follas, unhas verdes e tenras e outras case secas, a piques de se desprender. En cada folla escribiu Olorun o nome dunha persoa, ata que non quedou ningunha sen nomear; por iso a árbore ten tantas como xente hai no mundo. Cando unha folla seca se desprende da árbore vén un criado do deus, o Apañador de Almas e cóllea polo aire antes de que toque no chan. Le o nome escrito nela e, a seguir, vai xunto desa persoa e sepáralle o corpo da alma.
PrevNext