Book Creator

Samaín 2020 en Bibliomoas

by Remoe a lingua

Pages 4 and 5 of 43

Concurso do Samaín 2020

Relatos de terror e fotos arrepiantes

Bibliomoas e EDLG
Nora e o Frankenstein, Renata Pía Rial (1º ESO E) (RELATO GAÑADOR 1º ESO)

Érase unha vez, nunha noite moi escura e tenebrosa, unha rapaza chamada Nora. Nora viaxaba por tódolos lados, o que máis lle gustaba eran os sitios arrepiantes.

Nora, nesta noite, estaba camiñando por un bosque ata que comezou a chover. Os lóstregos facían tanto ruído que case nin se escoitaba a si mesma. Andou ata que por fin atopou un recuncho para resgardarse da chuvia. Era unha mansión vella, non moi alta, que parecía estar abandonada dende había uns anos. Como a ela non lle daba medo nada meteuse nela.

Quedou apampada ao ver o que había dentro dela. Había… Unha festa de monstros? Pois si, unha festa de monstros, como escoitas. Un monstro decatouse da súa presenza e berrou:

- Unha humana!? A elixida está aquí!

Nora non sabía como reaccionar, un pequeno Frankeinstein acababa de dicir que era a elixida.

- Ola, chámome Nora, pode alguén beliscarme?

- Beliscarte!? Como imos beliscar a nosa convidada máis VIP de todas? Vés bailar ou que?- dixo Drácula estendendo a man convidándoa a un baile dede o seu ataúde-. Permítesme este baile?

E ti pensarás que este conto vai ser como todos os demais e Nora comezou a bailar. Pero non, Nora espertou, deixou aquel terrible pesadelo e volveuse durmir.
Renata Pía Rial (1º ESO E)
Loading...
Loading...
Sara Rey Vázquez (2º ESO E)
Loading...
Loading...
Foto de medo
Raúl Doval Amor (4º ESO A)
Acrofobia nocturna (de oito pisos de altura)
Simón Lago Hermida (4º ESO A)
Foto de medo
Marta Fernández Bernardo (4º ESO A)
Medo, María Grela Amor (3º ESO B) RELATO GAÑADOR 3º ESO
A Candea
Sofía López Iglesias (4º ESO A)
Debuxo gañador do Concurso de deseños arrepiantes
Héctor Fernández Vázquez (1º ESO A)

PrevNext