Book Creator

MASCOTAS ANIMALARDIA

by Biblioteca Valle Inclán O Grove

Cover

Loading...
MASCOTAS DAS FAMILIAS
PROXECTO AnimalArdia
CEIP VALLE-INCLÁN O GROVE
CURSO 2021-2022
As familias do Ceip Valle-Inclán
presentan as súas mascotas
Este é Yosi, un precioso caniche enano (poodle mini). Naceu un día de Nadal e vai cumprir os 14 anos. Os primeiros meses da súa vida foron moi duros ata que no hospital canino de Lugo o puxeron a tratamento para a súa enfermidade hepática: medicación e comida adecuada para o seu fígado. Tamén superou un ataque epiléptico. É un can moi obediente, un saquiño de ósos no verán e unha bóla de pelo no inverno. Carmen quéreo moito, son inseparables.

Familia de Carmen de 6º Infantil
Zipi e Zape son dous gatiños que a familia de Mar acolleu en adopción hai xa un ano na asociación O Gato Meco.
Coidados máis importantes:
-Unha casa onde non se mollen nin pasen frío
-Comida e auga. Encántalles as latiñas de polo e salmón.
-Un areeiro onde facer as súas necesidades e que esté ben limpo. Non lles gusta que esté sucio.
-Un rascador para as unllas, senon queremos que nos destrocen os sofás.
-Un peite para quitarlles todo o pelo que lles cae.
-Xoguetes para entreterse.
-E todo o amor que lles poidamos dar, coidándoos e levándoos ao veterinario se o precisan.

Familia de Mar de 5º Infantil
Donald e Trump son dous gatiños de tan só 3 meses. Están en acollida na casa de Natalia. Ela dálles de comer, límpaos e xoga con eles despois do cole.

Familia de Natalia de 3ºA - Primaria
Rula é unha Golden Retriever de 13 anos. É unha cadela moi lista e cariñosa. Coidámola entre todos na familia. A Paulo e Martiño gústalles moito levala á praia aínda que xa está velliña e cada vez cóstalle máis seguir o ritmo aos nenos. Axudan a bañala e danlle de comer. Paulo sempre está pendente de poñerlle a pipeta para previr as pulgas. Ambos irmáns son moi cariñosos con Rula e quérena moitísimo.

Familia de Martiño (5ºA- Primaria) e Paulo (3ºA- Primaria)
PrevNext