Book Creator

Guía de lugares especiáis da Galiza

by IES ROU

Pages 2 and 3 of 28

Guía de lugares especiáis da Galiza
Alumnos de 2º da E.S.O. I.E.S. República Oriental do Uruguai (Vigo)
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Iosune, o meu bosque secreto en Moaña
42º 17’ 19’’N 8º 44’ 15’’W
Loading...
O meu lugar favorito é nun bosque en Moaña, tras a casa do meu pai. No bosque hai un silencio tranquilizador que, como moito, é interrumpido polo chío dos paxaros ou polo canto dos grilos. 
Un río atravesa o bosque, formando nalgunhas partes pequenas cascadas, pero para min, o mellor de todo é a derradeira cascada.

Loading...
Os nenos que coñecen o lugar, en verán van a xogar alí as veces. Ao lado da cascada hai un gran pilón no que os mais pequenos(mooooi de vez en cando) nadan as suas anchas, a dereita da imaxe da cascada, hai una casa en ruinas que lle da un aire extraño pero tranquilizador ao sitio. 
Polos sendeiros do bosque, a xente saca aos cans, pero case ninguén pasa por alí, facendo que resulte tranquilizador, e pola noite, a luz das farolas fai a súa aparición, moitos rapaces en vacacións ou nos fines de semá, van alí pola noite a xogar as notas ou a facer o parvo simplemente. Este e ningún máis é o meu lugar favorito, un lugar que pouca xente coñece, este é o meu bosque.

No bosque sinto liberación, sinto coma se todos os meus problemas foran insignificantes e non tivese sentido preocuparse por eles. Non sei ben coma podería expresalo, pero é algo que adoro.
Miña nai non estivo alí nunca, pero sí que ten un lugar especial, é en Cabo Estai, ela iba a pasear aos cans por alí hai un tempo, e apenoulle non ter coche para poder ir alí máis a miudo.
Sandra
Area Brava
42º 17' 29,255" N 8º 50' 39,447" W
É unha praia que ten un espazo natural, non hai urbanizacións, só algunhas casas. Ten moita vexetación, unha duna moi longa ao longo da praia. A auga é toda cristalina e acostuma estar a unha temperatura perfecta.
É o meu lugar favorito porque no verán non hai case xente e podes estar nun lugar moi bonito sen estar case afogandote pola xente que hai.
Ao final da praia cando a marea está baixa hai unha praia “escondida” que cando vai subindo a marea tes que marchar rápido.
Transmíteme tranquilidade, conexion coa natureza, desfruto estando alí.
É o lugar favorito da miña familia, é moi bonito.
María
Area Brava
42º17'33''N 8º49'50''O
Este é o meu sitio favorito porque alí os meus avós teñen unha casa, onde pasamos todos os verás os meus pais, os meus avós, os meus tíos e os meus primos, en resumo 16 persoas. Dende que nacín vou sempre e alí teño aos meus amigos, alí coñecín a miña mellor amiga e disfruto moitísimo do verá alí con todas as persoas que realmente quero. A miña familia comparte a mesma opinión, xa que nos libera, e somos moi felices estando en Area Brava con toda a nosa familia e amigos.
Uxía, Cabo Ortegal
43°46′20″N 7°52′05″O
O cabo Ortegal é un cabo situado na costa atlántica española, dentro do municipio de Cariño, na provincia da Coruña. Forma parte e delimita pola súa parte occidental coa ría de Ortigueira. No ascenso ata el pódense ver os seus tramos acantilados e o seus areais. Preto do cabo, as ladeiras gañan en verticalidade e altura configurando asi un lugar maxestuoso. Cunha altura de 100 metros sobre o nivel do mar pódense divisar:
1-. De fronte, os Aguillóns, tres peñascos afiados constantemente erosionados pola acción do mar.
2-. Ao este, asómase o cabo de Estaca de Bares, o punto máis ao norte de España.
3-. Ao oeste, divísase en primeiro termo, Punta do Limo. Tras ela, Vixía Herbeira (acantilado costeiro mais alto de España).

A rocha mais espectacular deste paraxe é o granito negro xa que as que atopamos aquí son as mais antigas da Península Ibérica. Este granito fórmase baixo a superficie terrestre, a partir de magma.
Este é un lugar de fábula ou incluso de película celta, deses lugares nos que hai de todo: monte e mar, area e pedra, verde e seco… un todo en un. Onde o tempo semella parar para poder disfrutar desa banda sonora contínua que é o mar; no que a vista non alcanza a ver o fin e onde te das de conta do pouquiña cousa que somos ante tal inmensidade.
Eses “Aguillóns”, xigantes que asemellan mesmamente estar agradecidos da súa natural beleza e da que podemos disfrutar sen nos cansar. Toda esta mestura leva a que me sinta tranquila, sosegada e cunha felicidade que somentes se pode sentir e que, dificilmente, escribir. Sentimento que é compartido pola miña familia o igual que o fan outros sitios naturais e máis cercanos como son: cabo Estai, Monteferro e praias que se atopan, de antemán, agochadas para os “forasteiros”.
PrevNext