Book Creator

REFRÁNS. TOLEOU O TEMPO?

by Xema Sanxurxo

Pages 2 and 3 of 95

Loading...
Fichas de recollida de refráns tradicionais sobre o clima galego elaboradas na materia de Lingua Galega e Literatura polo alumnado de 2º ESO D e A/B, 3º ESO D e 1º BACH C, D e E para o Toleou o tempo? Proxecta Meteoescolas 19/20 do IES Francisco Aguiar.

Fotos cedidas por: Noemí López, Lucía Sánchez, Iago Polo e Xema S.

Betanzos, abril e maio do 2020.
(durante os días de confinamento da COVID-19)
Loading...

Martín Vázquez Valiño, 3º D

Nome e apelidos da persoa que recolle: Martín Vázquez Valiño.

Lugar de recollida: na casa.

Parentesco/relación coa persoa que entrevistas: neto.

Lugar de procedencia e idade desa persoa: naceu en Oza dos Ríos e ten 71 anos.

Refráns:

1. En abril, augas mil.
Significado: en abril é habitual que chova moito.

2. Cando en marzo mallea, en maio marcea.
Significado: cando en marzo vai moi bo tempo significa que en maio vai facer malo.

Parentesco/relación coa persoa que entrevistas: neto.

Lugar de procedencia e idade desa persoa: naceu en Coirós e ten 73 anos.

Refráns:

1. Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Significado: en marzo, tanto pode chover nun momento e nun pouco empezar a quentar o sol.

2. Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.
Significado: en setembro ou chove moito ou non chove nada.

Álex Abad Mourón, 2º ESO D

Nome da persoa que recolle: Álex Abad Mourón.

Lugar de recollida: concellos de Aranga e A Laracha (casas dos meus avós).

Parentesco: neto.

Idades: 82 e 76 anos.

Refráns:

1. Nunca choveu que non escampara.
Significado: por moi mal tempo que vaia, sempre virá mellor tempo.

2. Marzo, marzola, trebón e raiola.
Significado: en marzo pode chover forte e saír algo o sol. Comeza a primavera.

3. Mes de xaneiro, cos pés no braseiro.
Significado: en xaneiro vai moito frío e hai que quentarse.

4. Gaivotas á terra, mariñeiros á merda.
Significado: cando as gaivotas van terra adentro quere dicir que a pesca vai ser moi mala.

5. En febreiro, sete mantas e un sombreiro.
Significado: en febreiro vai moito frío, pero empeza a asomar o sol de vez en cando.

Héctor Gómez Lema, 1º BACH D

Nome e apelidos da persoa que recolle: Héctor Gómez Lema.

Lugar de recollida: Bergondo.

Parentesco/relación coa persoa que entrevistas: fillo.

Lugar de procedencia e idade desa persoa: Salamanca, 70 anos.

Refráns:

1. Méxannos e temos que dicir que chove.
Significado: refírese á actitude mansa da maioría social.

2. Nunca choveu que non escampara.
Significado: quere dicir que ningún problema dura para sempre.

Iria Dafonte Barral, 2º ESO B

Nome e apelidos da persoa que recolle: Iria Dafonte Barral.

Lugar de recollida: Betanzos (A Coruña).

Parentesco/relación coa persoa que entrevistas: neta.

Lugar de procedencia e idade desa persoa: Coirós, A Coruña, 67 anos.

Refráns:

1. Ata o 40 de maio non quites o saio.
Significado: indícanos que ata que pasa maio e 9 días non podes
quitar o saio porque aínda non vai tanta calor.

2. Abril, augas mil.
Significado: refírese a que neste mes chove moito.
PrevNext