Book Creator

REFRÁNS. TOLEOU O TEMPO?

by Xema Sanxurxo

Pages 4 and 5 of 95

Loading...

Lugar de procedencia e idade desa persoa: naceu en Coirós e ten 73 anos.

Refráns:

1. Marzo, marzolo, trebón e raiolo.
Significado: en marzo, tanto pode chover nun momento e nun pouco empezar a quentar o sol.

2. Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.
Significado: en setembro ou chove moito ou non chove nada.
Loading...

Álex Abad Mourón, 2º ESO D

Nome da persoa que recolle: Álex Abad Mourón.

Lugar de recollida: concellos de Aranga e A Laracha (casas dos meus avós).

Parentesco: neto.

Idades: 82 e 76 anos.

Refráns:

1. Nunca choveu que non escampara.
Significado: por moi mal tempo que vaia, sempre virá mellor tempo.

2. Marzo, marzola, trebón e raiola.
Significado: en marzo pode chover forte e saír algo o sol. Comeza a primavera.

3. Mes de xaneiro, cos pés no braseiro.
Significado: en xaneiro vai moito frío e hai que quentarse.